Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24100

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (97/2011).

Rosario Cantalejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, certifica que no procedemento ordinario seguido neste xulgado co número 97/2011 recaeu sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o 9 de maio de 2012.

Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, viu os autos correspondentes ao xuízo ordinario de reclamación de cantidade rexistrado co número arriba indicado promovidos polo procurador dos tribunais Francisco Javier Toucedo Rey, en nome e representación de Mercedes-Benz Financial Services España, E.F.C., contra Gonzalo Alberto Saturno Quereguan, en situación de rebeldía procesual, dita a presente sobre a base dos seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando integramente a demanda presentada por Mercedes-Benz Financial Services España, E.F.C., S.A., debo condenar e condeno a Gonzalo Alberto Saturno Quereguan, a que aboe ao demandante a cantidade de 16.121,58 euros, así como o xuro previsto no fundamento segundo desta sentenza. As custas impóñense á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa Tatiana de Francisco López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 9 desta localidade e o seu partido xudicial».

E para a súa notificación ao demandado, Gonzalo Alberto Saturno Quereguan, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente.

Vigo, 21 de maio de 2012

A secretaria xudicial