Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24098

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (171/2008).

Nos autos de xuízo verbal civil 171/2008, seguidos a instancia de Banco Santander, S.A., representado en autos polo procurador Sr. García-Piccoli Atanes, contra María de la Paz Calaza Mosquera, actualmente en situación de ignorado paradoiro, con data do 5.3.2012 ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 12/2012. En Santiago de Compostela, cinco de marzo de dous mil doce. Demandante Banco Santander Central Hispano, S.A. Procurador: Ricardo García-Piccoli Atanes. Letrado: Ignacio González Pereira. Demandada: María de La Paz Calaza Mosquera. (Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito). Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta por Banco Santander Central Hispano, S.A., contra María de la Paz Calaza Mosquera e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á entidade demandante a cantidade de 1.601,34 euros, máis o xuro legal do diñeiro desde o 21 de maio de 2007 ata a data da presente resolución, en que comezasen a percibirse os xuros do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, con imposición de custas á demandada. Notifíquese ás partes. Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso deberá acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso. Así o acordo, mando e asino, Raquel Fernández Rey, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela.

Auto. En Santiago de Compostela o vinte e tres de marzo de dous mil doce. (Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito. Parte dispositiva: aclárase e rectifica a sentenza ditada nos presentes autos con data do 5.3.2012, no sentido de que, na súa decisión, debe facerse constar que contra esta non cabe recurso ningún, e non, como por erro se fai constar, que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación que deberá interpoñerse ante este xulgado no termo 20 días, permanecendo invariables todos os demais pronunciamentos da devandita resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso ningún. Así o manda e asina S.S. Dou fe».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación en forma á demandada, María de la Paz Calaza Mosquera, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012

O secretario xudicial