Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24097

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (538/2011).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente edicto anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Mery Judith Roa, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 65/2012.

En Pontevedra o 30 de abril de 2012.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra os presentes autos de xuízo verbal seguidos neste xulgado co número 538/2011 por instancia de Banco Popular Español, S.A., representado polo procurador Sr. López López e baixo a dirección legal da letrada Sra. Fernández Mediero, fronte a Mery Judith Roa, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. López López en nome e representación de Banco Popular Español, S.A. contra Mery Judith Roa; e condeno a Mery Judith Roa a pagarlle a Banco Popular Español, S.A. a suma de 3.671,18 euros máis os xuros do artigo 576 da LAC sobre a suma indicada desde a data desta resolución ata o seu completo pagamento.

As custas procesuais impóñenselle a Mery Judith Roa.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes e advírteselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de apelación, que se deberá interpoñer perante este xulgado no prazo de vinte días.

E encontrándose a dita demandada, Mery Judith Roa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 10 de maio de 2012

A secretaria xudicial