Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24095

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (128/2011).

Procedemento: recurso de apelación (LACN) 128/2011.

Sobre: materias non especificadas.

De: Aluguer Motor, S.L.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Contra:

Procurador: José Ramón Carro Sánchez.

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña fago saber que no rolo de apelación que se dirá recaeu sentenza con data 2 de novembro de 2011, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Audiencia Provincial da Coruña (Sección 5ª).

Nº de rolo: 128/2011.

Xulgado de Primeira Instancia número 4 da Coruña.

Autos de xuízo ordinario 1003/2008.

Sentenza 429/2011.

Maxistrados:

– Julio Tasende Calvo, presidente.

– Dámaso Brañas Santa María.

– Mª del Carmen Vilariño López.

A Coruña, tres de novembro de dous mil once.

Vistos pola Sección 5ª da Audiencia Provincial, integrada polos maxistrados cuxos nomes na marxe se relacionan, os presentes autos de xuízo ordinario 1003/2008, tramitados no Xulgado de Primera Instancia número 4 da Coruña, e que ante a Audiencia Provincial pendían en grao de apelación, seguidos entre partes; como demandante-apelante a sociedade mercantil Aluguer Motor, S.L.; e, como demandado-apelado, José Ramón Carro Sánchez. Sendo relatora a maxistrada Mª del Carmen Vilariño López (seguen antecedentes e fundamentos xurídicos).

Decidimos que con desestimación do recurso de apelación formulado pola representación procesual de Aluguer Motor, S.L. contra a sentenza do 22 de novembro de 2010, ditada nos autos de que este rolo dimana polo Xulgado de Primera Instancia número 4 da Coruña, debemos confirmala e confirmámola; con imposición á recorrente das custas percibidas nesta alzada.

Así, por esta a nosa sentenza, da cal se levará certificación ao rolo de apelación civil, a pronunciamos, mandamos e asinamos.

A Coruña, trinta de maio de dous mil doce.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía José Ramón Carro Sánchez, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 29 de maio de 2012

A secretaria