Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24093

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 314/2012-CON).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social da Coruña.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 314/2012-CON.

Xulgado de orixe/Autos: demanda 667/2011, Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Pedro Carlos Hervas Pretel.

Avogado: Manuel Míguez Senra.

Procuradora: Concepción Pérez García.

Recorridos: Fogasa, Provarca Internacional, S.L., Hervas Arjona Servicios, S.L.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 314/2012-CON, seguido por instancia de Pedro Carlos Hervas Pretel contra as empresas Provarca Internacional, S.L., Hervas Arjona Servicios, S.L. e o Fogasa, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Pedro Hervas Pretel, contra a sentenza do 14 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en procedemento promovido polo recorrente contra as empresas Hervas Arjona Servicios, S.L., Provarca Internacional, S.L. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Hervas Arjona Servicios, S.L. e Provarca Internacional, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial