Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24091

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA (RSU 4658/2008-MDM).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións do recurso de suplicación número 4658/2008 a que se refire o encabezamento, seguidas perante esta sala do social, dimanantes dos autos número 128/2008 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra promovidos por Antonio Vila Alonso contra a entidade Digitalia, S.C. Pontevedra, sobre reclamación de cantidade, o 25 de maio de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación formulado por Antonio Vila Alonso, contra a sentenza ditada o vinte e un de xullo de dous mil oito polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, en procedemento seguido por instancia do recorrente contra a empresa Digitalia, S.C. Pontevedra, en materia de reclamación de cantidade, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á entidade Digitalia, S.C. Pontevedra, con último domicilio coñecido en Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de maio de 2012

O secretario xudicial