Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24089

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo (Hospital Universitario Lucus Augusti), pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de xefe/a de Sección de Contabilidade Financeira do Hospital Universitario Lucus Augusti (Complexo Hospitalario Xeral-Calde).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG núm. 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm.188, do 30 de setembro).

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, o posto de traballo que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. Poderán concorrer á convocatoria o persoal estatutario de xestión e servizos, con vínculo de fixeza e situación de servizo activo nalgunha das categorías correspondentes aos grupos de clasificación A1, A2 ou C1.

Terceiro. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica vixente.

Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán dirixirse ao director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Hospital Universitario Lucus Augusti) , e poderán presentarse preferentemente no Rexistro Xeral sito no segundo andar do Hospital Universitario Lucus Augusti na rúa Dr. Ulises Romero nº 1, 27003 Lugo, no prazo de quince días hábiles contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro).

Quinto. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti (Oficina de Atención ao Traballador), na intranet do propio hospital, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Lugo, 24 de maio de 2012

Francisco J. Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Sección de Contabilidade Financeira.

Grupo de clasificación: A1, A2 ou C1.

Número de vacantes: 1.