Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23917

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (517/2011).

Rolo: recurso de apelación (LACN) 517/2011.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 552/2009.

Apelante: Ramón Ovidio Duval Salazar.

Procuradora: Patricia Conde Abuín.

Avogado: Jesús Santalo Ríos.

Apelado: Consorcio de Compensación de Seguros, Amparo Vega Jiménez.

Avogado: avogado do Estado.

Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Certifico: que este tribunal e no recurso de apelación (LACN) 517/2011 ditou a resolución que a continuación se transcribe:

«Sentenza 151/2012.

Tribunal:

Presidente: Antonio J. Gutiérrez R. Moldes.

Maxistrados: Jaime Esain Manresa, Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra, 19 de abril de 2012.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 3 da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 552/2009, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, aos cales correspondeu o rolo de recurso de apelación-L (LACN) 517/2011, nos cales aparece como parte apelante Ramón Ovidio Duval Salazar, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Patricia Conde Abuín, asistido polo letrado Jesús Santalo Ríos, e como parte apelada o Consorcio de Compensación de Seguros, asistido polo avogado do Estado e Amparo Vega Jiménez, en situación procesual de rebeldía, sendo maxistrado relator Jaime Esain Manresa.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra ditou sentenza de data 22 de febreiro de 2011, cuxa parte dispositiva di: “Decido: que debo estimar parcialmente a demanda presentada polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Ramón Ovidio Duval Salazar, representado pola procuradora Patricia Conde Abuín e contra Amparo Veiga Jiménez, en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar solidariamente os demandados a que lle paguen ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 164.002,13 euros, co xuro legal desde a data do emprazamento.

Non se efectúa especial imposición das custas procesuais”.

Segundo. Contra a mencionada resolución interpuxo a parte demandada o presente recurso de apelación que foi tramitado na instancia de conformidade co establecido no artigo 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil; eleváronse os autos, correspondendo a este tribunal a súa resolución, dando lugar á formación do presente rolo, sen se realizar vista pública nin práctica de proba, quedou o procedemento para votación e decisión.

Terceiro. Na tramitación do recurso observáronse e cumpríronse todas as prescricións de carácter legal.

Fundamentos de dereito.

Acéptanse os contidos na resolución impugnada.

Primeiro. A sentenza apelada estimou parcialmente a demanda de procedemento ordinario formulada polo Consorcio de Compensación de Seguros, en exercicio de acción de repetición derivada de accidente de tráfico sucedido o 23.5.2003 á altura do km 18 da estrada C-531 (Baión-Filgueira), termo municipal de Poio (Pontevedra) –na cal se viron involucrados os vehículos Renault 21 matrícula PO.0134-AS, Renault Laguna 0.5006-BV, Mercedes Benz M.7327-JM e furgón IVECO PO.3511-BB–, e condeno solidariamente os codemandados Ramón Ovidio Duval Salazar e Amparo Veiga Jiménez, respectivos condutor e propietaria do Renault 21, a aboarlle a cantidade de 164.002,13 euros, máis xuros legal, no marco dispositivo dos artigos 1.902 CC e 1 e 11 LRCSCVM.

Recorre en apelación o condenado Sr. Duval Salazar, interesando a redución da indemnización sobre a base de alegada excesiva velocidade desenvolvida polo Renault Laguna.

Segundo. Resulta probado con firmeza que o sinistro axuizado tivo causa principal e directa na improcedente manobra de cambio de carril –para cambiar de dirección cara á marxe esquerda, contravindo sinalización horizontal– realizada polo vehículo Renault 21, propiedade dos demandados, vulnerando os artigos 74 e 167 RXC.

Así se desprende da documental e testificais practicadas en xuízo, concedéndose particular credibilidade probatoria ao testemuño policial, ratificador de atestado que consta a fs. 9 ss.

Fronte a tan contundente material probatorio e conclusión xudicial, ofrécese irrelevante o menor exceso de velocidade demostrado no vehículo prexudicado Renault Laguna, considerado razoablemente intranscendente atendendo ao carácter repentino e imprevisto da abertamente imprudente manobra de xiro desenvolvida polo turismo dos demandados.

Decaerá, entón, a apelación.

Terceiro. A completa desestimación do recurso levará consigo a imposición de custas da alzada á parte apelante, segundo os artigos 398.1 e 394.1 LAC.

Vistos os artigos citados e demais normas de xeral e pertinente aplicación pola autoridade que nos confire a Constitución española e en nome de El Rei,

Decisión.

Desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación de Ramón Ovidio Duval Salazar contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 1 de Pontevedra, nos autos de xuízo de procedemento ordinario número 552/2009, que confirmamos integramente, con imposición de custas da alzada á parte recorrente.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o/os recurso/s que cabe/n contra esta e unha vez firme, expídase o seu testemuño que se remitirá cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.

Notifíqueselles así mesmo esta resolución ao/s apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

O preinserido concorda ben e fielmente co orixinal da resolución a que me remito e para que conste, expido o presente edicto.

Pontevedra, 23 de abril de 2012

O secretario xudicial