Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23916

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Lugo (Sección Primeira - Civil)

EDICTO (recurso de apelación 890/2011).

Na Sección 1ª da Audiencia Provincial de Lugo tramítase recurso de apelación (LACN) 890/2011, seguido por instancia de José Luis Álvarez Vázquez contra AHG Autohandelgesellschaft MBH & CO KG Ludwisburgwigsburg, tamén apelados - Ver PDF -, Automóviles Karlsruhe ou Automóviles Karlsruhe, S.L. e Jesús Sánchez Rodríguez, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, no cal, por Resolución do 16 de abril de 2012, se acordou:

Resolvemos que se desestima o recurso de apelación. Confírmase a sentenza apelada. Non se fai condena en custas. Transfírase á conta especial 9900 o depósito constituído para interpor recurso. Así, por esta nosa sentenza, da cal se unirá testemuño á peza de sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Ao se atoparen os ditos demandados - Ver PDF -, Automóviles Karlsruhe ou Automóviles Karlsruhe, S.L. e Jesús Sánchez Rodríguez en situación de rebeldía procesual, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Lugo, 25 de maio de 2012

Alberto García Tobío
O secretario xudicial