Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23914

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 511/12 IP).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 0000511/2012.

Xulgado de orixen/autos: demanda 0000410/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recurrentes: Pedro L. Abalde García e outros.

Abogado: Antonio Troncoso de Castro.

Procurador: Fausto Valentín Blanco García.

Recurridos: Bienvenido Rodríguez Pérez e outros, Fondo de Garantía Salarial, Industrial de Tableros Valga S. A Coruña, Taguive, S.L.

Avogados: Miguel Ángel Lamela Méndez, Miguel Hinrichs Gallego, María Dolores Carpintero Vázquez, Fibras de Madera, S.A.

Procuradores: Juan Antonio Garrido Pardo, Ana María Tejelo Núñez, Gonzalo Lousa Gayoso.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 0000511/2012, seguido por instancia de Rogelio Fernández Fernández e outros contra Taguive, S.L., Industrias de Taboleiros Valla, S.A, Fibras de Madera, S.A., Fogasa, sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Na Coruña, vinte e oito de maio de dous mil doce.

O anterior escrito presentado polo letrado Miguel Lamela Méndez, en nome e representación de Bienvenido Rodríguez Pérez e outros, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase á recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asino. Dou fe.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Fibras de Madera, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Porteliña, s/n, Ponteareas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de maio de 2012

O secretario xudicial