Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23920

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (107/2010).

No xuízo referenciado ditouse a resolución cuxos particulares son:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 29 de decembro de 2011, os presentes autos de xuízo ordinario 107/2010 seguidos neste xulgado por instancia de Montes Cuevas y Compañía, S.A., representada pola procuradora Lucía Saco Rodríguez e asistida polo letrado José Ramón Cid Masid, contra Manuel Gómez Pérez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola procuradora Lucía Saco Rodríguez, que actúa en nome e representación de Montes Cuevas y Compañía, S.A., contra Manuel Gómez Pérez, condeno esta parte a pagar a suma de oito mil cincocentos oitenta e oito euros con corenta e oito céntimos (8.588,48 euros) incrementada cos xuros legais devindicados desde a interpelación xudicial, e con expresa condena en custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interporase por escrito ante este xulgado no prazo dos vinte (20) días seguintes ao da súa notificación».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil, por este edicto notifícaselle a sentenza a Manuel Gómez Pérez.

Ourense, 24 de febreiro de 2012

O/a secretario/a xudicial