Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23649

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5810/2008).

Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5810/2008 MAY.

Materia: recarga de accidente.

Recorrente: Jorge Lorenzo Tato.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Pontevedra. Demanda: 719/2007.

Casación en unificación: 120/12-Parte recorrente: Jorge Lorenzo Tato.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5810/2008 MAY a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 719/2007 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Jorge Lorenzo Tato contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A., sobre recarga de accidente, con data 28.5.2012 ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria: María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 28 de maio de 2012.

O anterior escrito subscrito polo letrado Carlos Romero Mengotti, na representación que exerce de Jorge Lorenzo Tato, coas certificacións de sentenzas de contraste alegadas dos tribunais superiores de xustiza de Aragón e Cataluña, presentado na Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 24.5.2012, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, e deberán acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Pontevedra que a resolución desta sala foi recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Obras y Vías de Galicia, S.A. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial