Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (41/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 41/2012, casación 117 e 118/2012 IP desta sección, seguidos por instancia de Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Diserpo Servicios, S.L.U. contra o Fogasa, Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L., César Javier Docampo Rivero, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

A Coruña, 28 de maio de 2012.

Únase o anterior escrito, presentado pola procuradora Isabel Castiñeiras Fandiño, en nome e representación de Compañía y Vigilancia Galaica, S.A., ao recurso correspondente xunto coas súas copias. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo no prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao Tribunal Supremo.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Expídase edicto ao Diario Oficial de Galicia para a notificación a Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L. e edicto ao Boletín Oficial de la provincia de Toledo para a notificación a Porteros y Controladores Industriales, S.L.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación a Administración, Prevención y Gestión de Empresas, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L, e Navas Servicios de Porteros, S.L, en ignorado paradoiro.

A Coruña, 28 de maio de 2012

O secretario xudicial