Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23647

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5269/2008).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Secretaria: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 0005269/2008 MCR.

Materia: accidente.

Recurrente: Manuel de la Iglesia Méndez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Carrocerías de la Iglesia, S.L.

Xulgado de origen/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Demanda: 697/2007.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5269/2008 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 697/2007 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos por Manuel de la Iglesia Méndez, contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Carrocerías de la Iglesia, S.L., sobre accidente, con data do 22 de maio de 2012 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola representación letrada de Manuel de la Iglesia Méndez contra a Sentenza do 2 de xuño de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, nos autos 697/2007, que confirmamos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a Carrocerías de la Iglesia, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 22 de maio de 2012.

O/A secretario/a xudicial