Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23646

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012 por la que se corrixen os erros que foron advertidos na Resolución do 5 de abril de 2011 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de documentalista vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Unha vez advertidos erros no anexo I, fase de oposición, da Resolución do 5 de abril de 2011 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de documentalista vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral da Universidade da Coruña (DOG do 5 de maio), esta reitoría, segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica y publica os ditos erros do xeito que se indica:

Onde di: «Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario de 75 preguntas (máis tres de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. A súa valoración será de 0 a 60 puntos e será necesario obter 24 puntos para o superar. O tempo máximo para a realización desta proba será de cento quince minutos. O cuestionario basearase nos bloques I e II», debe dicir: «Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario de 75 preguntas (máis tres de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. Todas as preguntas terán a mesma puntuación e cada resposta errónea descontará o 25% do valor da resposta correcta. A súa valoración será de 0 a 20 puntos e será necesario obter 8 puntos para o superar. O tempo máximo para a realización desta proba será de cento quince minutos. O cuestionario basearase nos bloques I e II».

A Coruña, 5 de xuño de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña