Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23645

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se resolve o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do centro residencial docente de Vigo.

Convocado o concurso público de méritos para adxudicar en comisión de servizos a dirección do centro residencial docente de Vigo, por Orde do 2 de novembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 17 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 6 da citada orde,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar, de acordo coa proposta da comisión de selección, tal e como dispón o artigo 6 da dita orde, o posto de director do centro residencial docente de Vigo a Benito Pérez Hernández, con DNI 00120540-C.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo artigo 10 do Decreto 43/1989, do 8 de marzo, modificado parcialmente polo Decreto 52/2006, do 30 de marzo (Diario oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo), nomear director do centro residencial docente de Vigo a Benito Pérez Hernández, con DNI 00120540-C.

Terceiro. O nomeamento referido no punto anterior terá efectos económicos e administrativos desde a data da toma de posesión, que deberá ter lugar no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 28 de maio de 2012

César Augusto Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra