Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (210/2011).

Nº autos: Seguridade Social 210/2011.

Demandante: Claudino Fernández Chenlo.

Demandados: Instituto Social da Mariña, Altamar Heroya Primero Limited.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 210/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Claudino Fernández Chenlo contra a empresa Instituto Social da Mariña, Altamar Heroya Primero Limited sobre Seguridade Social, foi ditada a seguinte resolución:

«Dispoño que admitindo substancialmente a demanda interposta por Claudino Fernández Chenlo contra a empresa Altamar Heroya Primero Limited, e contra o Instituto Social da Mariña:

1. Debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir as prestacións por xubilación con cargo ao réxime especial dos traballadores do mar da Seguridade Social, con efectos económicos de data 3.9.2010, e conforme a unha base reguladora de 1.546,08 euros, e declaro igualmente o dereito do demandante a percibir as diferenzas existentes entre o cobrado e o que ten dereito a cobrar desde que comezou a percibir a prestación.

2. Debo declarar e declaro a responsabilidade do ISM ao aboamento da correspondente prestación económica na contía inicial de 1.546,08 euros, igual ao 100% da devandita base reguladora con efectos desde o día 3 de setembro de 2010, coas revalorizacións e melloras regulamentarias sen prexuízo da responsabilidade que puider alcanzar á empresa codemandada por infracotización.

3. Debo condenar e condeno as codemandadas a estaren e pasaren por esta declaración.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contando desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e ss. da L.P.L., pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación a Altamar Heroya Primero Limited, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial