Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (87/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 87/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de maio de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 87/2010, sendo demandante José Pablo Gastón Soto Videla, asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandada a empresa Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Pablo Gastón Soto Videla contra Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Pablo Gastón Soto Videla a cantidade de 1.680 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Pavimentos y Parquets Coruña, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial