Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo de seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 07-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17032

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Xunta de Galicia, de acordo coas exixencias da vixente Lei de prevención de riscos laborais.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 85121100-4 servizos de medicina xeral.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 22 de decembro de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.758.101,70 €, IVE excluído (valor incial máis as posibles prórrogas).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 879.050,85 €.

Importe total: 920.280,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2012.

b) Data da formalización do contrato: 16 de abril de 2012.

c) Contratista: Mugatra Sociedad de Prevención, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 800.400,00 €.

Importe total: 836.904,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza