Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23367

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (1569/2010-F).

No procedemento de referencia ditouse sentenza do 31 de xaneiro de 2012 na que constan os particulares do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de procedemento ordinario, rexistrados co número 1569/2010-F, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Viajes Sant-Yago, S.A, representada polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera e coa asistencia letrada de Ubaldo Rivas Romero, e parte demandada a Federación Galega de Rugby, declarada rebelde.

Resolvo que, aceptando integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Lage Fernández-Cervera, en nome e representación de Viaxes Sant-Yago, S.A, contra a Federación Galega de Rugby, rebelde, debo condenar e condeno esta a aboarlle á demandante a cantidade de trece mil seiscentos cincuenta e cinco euros con sesenta e tres céntimos; dos cales doce mil catrocentos vinte e catro euros con corenta e catro céntimos de euros son en concepto de principal e mil douscentos trinta e un euros son en concepto de principal, e mil douscentos trinta e un euros con dezanove céntimos de euro en concepto de xuros, así como os xuros legais desde a interposición da presente demanda e os previstos no artigo 576 da LAC, desde a data da presente resolución.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da Federación Galega de Rugby, expídese o presente edicto, que lle será entregado á parte demandante para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado, co fin de que se notifique en legal forma á devandita demandada, conforme o disposto no artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial