Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23365

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5415/2008-GA)

Sala do Social, secretaría M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5415/2008-GA.

Materia: xubilación.

Recorrente: José Fervenza Paredes.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, Benito Jalda del Río.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Demanda: 594/2008.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación número 5415/08-GA a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 594/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo promovidos por José Fervenza Paredes contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, e Benito Jalda del Río, sobre xubilación, con data vinte e oito de maio de dous mil doce ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Fervenza Paredes contra a sentenza do 9.10.2008 ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo no procedemento nº 594-2008 sobre pensión de vellez-sovi, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorreu.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma a Benito Jalda del Río, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial