Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23363

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 5313/08-S).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social. Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5313/2008-S.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Ferrol. Demanda: 147/2008.

Materia: xubilación.

Recorrentes: INSS.

María Purificación Díaz Alvariño.

Letrado: Carlos Vidal Vázquez- Fax 981 31 76 77.

Recorridos: TXSS

Pysbe

No recurso de suplicación 5313/08-S a que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 147/2008 do Xulgado do Social de Ferrol, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social e María Purificación Díaz Alvariño contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Pysbe, sobre xubilación, con data do 14 de maio de 2012 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, con estimación do recurso que foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, revogamos en parte a sentenza que con data do 18 de xuño de 2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol, e condenamos a empresa demandada Pysbe, S.A. a que constitúa o capital custo necesario para facer fronte ao aboamento da prestación recoñecida ao seu cargo (12,61%), manténdose o resto dos pronunciamentos. Así mesmo, desestímase o recurso interposto por María Purificación Díaz Alvariño.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza, e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España, S.A. (Pysbe), con último domicilio coñecido en Ferrol; r) Mac Mahón, nº 10, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de maio de 2012

A secretaria xudicial