Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23368

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (650/2010).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, fai saber que nos autos de referencia se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: Sergio Orduña Alonso.

Lugar: Cangas.

Data: 7 de marzo de 2012.

Demandante: Noela Baña Fernández.

Avogada: Celeste María Barco Vega

Procuradora: Adela Enríquez Lolo.

Demandado: Ashraf Balla Riaz.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas.

Procedemento: ordinario 650/2010.

Cangas, 5 de marzo de 2012.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario nº 650/2010, seguido entre partes, dunha como demandante Noela Baña Fernández representada pola procuradora Sra. Enríquez Lolo e asistida da letrada Sra. Pérez Rodríguez en substitución da letrada Sra. Barco Vega, e doutra como demandada Ashraf Balla Riaz sobre acción de condena a outorgamento de escritura (cumprimento contractual).

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola representación procesual de Noela Baña Fernández contra Ashraf Balla Riaz condeno a demandada ao outorgamento da escritura pública de compravenda do inmoble sito no ático número 10 do edificio sito en Moaña na rúa Fragata da Blanca, número 2-4, planta 3ª, porta 10, na porta de acceso 4º B, na terceira planta ou planta de áticos, sinalando día, hora e notaría, respectando o mesmo prezo e condicións pactados entón coa excepción de que como compradoras pasen a figurar Noela e Paula Baña Fernández, como únicas e universais herdeiras de Juan Antonio Baña Posse e, así mesmo, se declare que nese instante o demandado deberá recoller a suma de 6.000,00 euros para saldar o prezo total estipulado, e isto con expresa imposición das custas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 € na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

Así por esta miña sentenza definitivamente xulgada en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Ashraf Balla Riaz, en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto.

Cangas, 2 de maio de 2012

A secretaria xudicial