Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23370

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas

EDICTO (297/2008).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, anuncia que neste procedemento de xuízo ordinario 297/2008, seguido por instancia de Recreativos Iglesias, S.A. fronte a Juan Luis Iglesias Cores e Yolanda Froiz Soliño, se ditou a seguinte

«Sentenza. En Cangas, 30 de xullo de 2010.

Vistos por Diego de Lara Alonso-Burón, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas, estes autos de xuízo ordinario rexistrados baixo o número 297/2008, tramitado por instancia da mercantil Iglesias del Morrazo, S.A, baixo a representación do procurador dos tribunais Faustino J. Maquieira Gesteira, coa dirección do avogado José A. Mera Rodríguez, contra Yolanda Froiz Soliño, representada procesualmente pola procuradora dos tribunais Araceli Barrientos Barrientos e defendida polo letrado José Vázquez Vázquez, e fronte a Juan Luis Iglesias Cores, en situación procesual de rebeldía. A litis versa sobre reclamación de cantidade por resolución de contrato.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo estimar integramente a demanda interposta pola mercantil Iglesias del Morrazo, S.A. contra Yolanda Froiz Soliño e Juan Luis Iglesias Cores, como comuneiros de As Forcadas, C.B., condenándoos solidariamente a aboar á demandante a cantidade de dez mil euros (10.000 euros), cos xuros legais xerados desde a data de interposición da demanda e con expresa condena en custas ás partes demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación, por medio de escrito en que o apelante se limitará a citar a resolución apelada e a manifestar a súa vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457 da Lei de axuizamento civil).

Fágase saber ás partes que non se admitirá o recurso se, ao preparalo, non acreditan que constituíron depósito, ingresando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado a cantidade de 50 euros, feito que deberán acreditar para o efecto.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Diego de Lara Alonso-Burón. Asinado. Asinado».

E estando o demandado Juan Luis Iglesias Cores en situación de rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cangas, 23 de marzo de 2011

A secretaria xudicial