Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23112

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1363/2011).

EDICTO (1363/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1363/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Consuelo Fátima Torrón Vila e Consuelo Fátima Nevesinjac Hubjer contra a empresa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposto por Consuelo Fátima Torrón Vila e Suvada Nevesinjac Hubjer contra a entidade Benjamin König Boruch e, en consecuencia,

1º. Debo condenar e condeno a Benjamin König Boruch a que aboe a Consuelo Fátima Torrón Vila a cantidade de 8.468,25 euros, así como o xuro do 10% por demora e aplicable aos conceptos salariais.

2º. Debo condenar e condeno a Benjamin König Boruch a que aboe a Suvada Nevesinjac Hubjer a cantidade de 7.847,49 euros, así como o xuro do 10% por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada-xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Advírtese ao destinatario, empresa Benjamin König Boruch, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2012

A secretaria xudicial