Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23110

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (310/2010).

En Vigo o 28 de outubro de 2011.

Luis Diego Espino Hernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que neste procedemento se ditou sentenza, cuxo encabezamento e ditame se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 28 de outubro de 2011.

Parte demandante: C.P. Rosalía de Castro, 25.

Avogado: Carlos Coladas-Guzmán Larraya.

Procurador: Alberto Vidal Ruibal.

Parte demandada: Promotora Martínez Cid, S.L., Obras y Construcciones Alen, S.A., Lisardo de Francisco Domínguez, José Antonio Martín Curty.

Avogados: Dolores Vidal, Juan Griño, Marta Mondijar Otero.

Procuradoras: Fátima Portabales Barros, Gloria Quintas Rodríguez, María del Carmen Hermida Portela.

Procedemento: ordinario 310/2010.

Obxecto do xuízo: defectos na construción.

Ditame.

Admitindo parcialmente a demanda interposta por C.P. Rosalía de Castro, 17 de Vigo, fronte a Obras y Construcciones Alen, S.A., Promotora Martínez Cid, S.L., José Antonio Martín Curty e Lisardo de Francisco Domínguez. Debo condenar e condeno os demandados en forma solidaria a reparar os defectos relativos a humidades segundo o informe do perito xudicial Sr. Sampedro e as relativas ás vivendas 9º A-B e 9º F segundo o informe pericial do Sr. Peña Fernández.

Condeno a Promotora Martínez Cid, S.L., Obras y Construcciones Alén, S.A., José Antonio Martín Curty e Lisardo de Francisco Domínguez, a reparar en forma solidaria os defectos por fisuras, segundo o informe pericial xudicial.

Debo condenar e condeno a Promotora Martínez Cid, S.L. e Obras y Construcciones Alen, S.A., a reparar os defectos relativos a malos olores segundo o informe do Sr. Sampedro.

Imponse o pagamento das custas aos demandados en forma solidaria.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LACn).

O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna (artigo 457.2 LAC).

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expídese este co fin de que sirva de notificación á demandada Promotora Martínez Cid, S.L., declarada en situación de rebeldía e, actualmente, en paradoiro descoñecido.

O secretario xudicial