Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23108

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (588/2011)

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza: 85/2012.

Procedemento: xuízo verbal núm. 588/2011-C.

Maxistrada xuíza substituta: Milagritos Belso Sempere.

Sentenza.

Na Coruña o vinte e nove de marzo de dous mil once.

Vistos por min Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co núm. 588/2011-C, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Banco Santander, representado pola procuradora Teresa Pita Urgoiti e con asistencia letrada de Jorge Castro Díaz, e parte demandada Juan Sebastián Izquierdo Adriano.

Decido que debo estimar y estimo la demanda formulada por la procuradora Sra. Pita Urgoiti, en nombre y representación de Banco Santander, S.A. contra Juan Sebastián Izquierdo Adriano, rebelde, e que o condeno a reintegrarlle ao demandante a cantidade de catro mil catrocentos corenta e seis euros con oitenta e seis céntimos, así como os xuros legais desde a data de peche da conta (11.6.2007) ata a data da presente resolución en que se aplicarán os previstos no artigo 576 da LAC.

Con imposición das custas procesuais ao demandado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza, poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se presentará perante este mesmo xulgado con suxeición ao prevido nos artigos 455 e concordantes da LAC.

Así por esta sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa incorporación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola maxistrada xuíza substituta que a subscribe, no día e como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Sebastián Izquierdo Adriano, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 10 de maio de 2012

O secretario xudicial