Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23106

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2187/2008-CRS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2187/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 224/2007 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra promovidos por José Manuel Oubiña Cores contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Century 22, S.L., sobre incapacidade temporal, con data se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto en nome da Mutua Gallega contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra do 26 de decembro de 2007 en virtude de demanda formulada por instancia de José Manuel Oubiña Cores e, na súa consecuencia, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Acórdase a perda do depósito e consignación efectuados pola Mutua para recorrer, aos cales se lles dará o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fáiselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte, Century 22, S.L., en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Century 22, S.L., con último domicilio coñecido na avda. Calvo Sotelo, esquina Santo Domingo 4-1º, Padrón, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial