Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23102

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3560/2008 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3560/2008 CRS.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notificación: Eva Monteoliva.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social Ldo. Seguridade Social.

Lemos Romero, S.L.

Ldo.: Manuel Merens Ribao. Pdor.: Ramón de Uña.

Canteras Vilafría, S.L. Ldo.: Emilio de la Cuesta Mediero.

Manuel Vaqueiro, S.L.

Ldo.: Fco. J. Cabo Cibeira. Pdor.: José M. Lado Fernández.

Granitos Mimosa, S.L. r/ José Antonio, 25, Salceda de Caselas (Pontevedra).

Mutual Midat Cyclops.

Ibermutuamur.

Mutua La Fraternidad-Muprespa.

José Estévez Estévez, lugar de Parderrubias, Revolta, Salceda de Caselas.

Gumersindo Pérez Fernández, lugar de Parderrubias, 27, Salceda de Caselas.

Arturo López Romero, lugar de Baldráns-Carballiza, Tui (Pontevedra).

Mutua Asepeyo.

Promociones, Construciones y Viviendas Galicia Sur, S.A., Callao Salvaje 24, 38670 Adeje.

Construcciones Tensur, S.L. r/ Miraverde, edif. Las Estrellas, Playa de las Américas, 8, Las Palmas de Gran Canaria.

Sucesores de Severino Gómez, S.A. r/ Gándara, Guillarei, 36720 Tui.

Granitos de Salceda, S.L., San Blas, Entenza, Salceda de Caselas.

Manuel Vaqueiro Pérez.

Ldo.: Francisco J. Cabo Cibeira. Pdor.: José M. Lado Fernández.

María Susana Hernández Pérez, r/ Petunia El Tablero, 36108 Santa Cruz de Tenerife.

Guillermo Afonso Abreu, r/ Los Cercados, 62, 38380 La Victoria de Acentejo.

Julio Aguado Gelado, r/ Antonio González 9-2º dta., 38202 La Laguna.

Manuel Fernández Domínguez, r/ La Cabrera Lozoyuela, 28729 Navalafuente.

María del Carmen Domínguez Iglesias, r/ Serra do Faro, 32411 Melón (Ourense).

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo. Demanda 781/2007.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 3560/2008 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 781/2007 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos pola Mutua de Accidentes de Trabajo Fremap contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Lemos Romero, S.L., Canteras Vilafría, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Mimosa, S.L., Mutual Midat Cyclops, Ibermutuamur, Mutua La Fraternidad-Muprespa, José Estévez Estévez, Gumersindo Pérez Fernández, Arturo López Romero, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, Promociones, Construcciones y Viviendas Galicia Sur, S.A., Construcciones Tensur, S.L., Sucesores de Severino Gómez, S.A., Granitos de Salceda, S.L., Manuel Vaqueiro Pérez, María Susana Hernández Pérez, Guillermo Afonso Abreu, Julio Aguado Gelado, Manuel Fernández Domínguez, María del Carmen Domínguez Iglesias, sobre accidente, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decido que desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, nos presentes autos sobre invalidez tramitados por instancia da recorrente fronte aos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o traballador Gumersindo Pérez Fernández, así como fronte aos tamén demandados Canteras Vilafría, S.L., Lemos Romero, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Mimosa, S.L., Promociones, Construcciones y Viviendas Galicia Sur, S.A., Construcciones Tensur, S.L., Sucesores de Severino Gómez, S.A., Granitos Salceda, S.L., Arturo López Romero, José Estévez Estévez, Manuel Vaqueiro Pérez, María Susana Hernández Pérez, Guillermo Afonso Abreu, Julio Aguado Gelado, Manuel Fernández Domínguez, María del Carmen Iglesias Domínguez, Fremap, La Fraternidad, Ibermutuamur, Midat Cyclops e Asepeyo, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á Mutua recorrente das custas causadas no recurso, que incluirán a cantidade de 300 euros en concepto de honorarios dos letrados de cada parte impugnante.

E déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte, Gumersindo Pérez Fernández e Mª del Carmen Domínguez Iglesias, cuxo último domicilio era lugar de Parderrubias, 27, Salceda de Caselas, Pontevedra, e r/ Serra do Faro, 32411 Melón, Ourense, respectivamente, que, a partir deste momento, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Gumersindo Pérez Fernández e Mª del Carmen Domínguez Iglesias, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial