Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23100

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5638/2008 MRA).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5638/2008 MRA desta sección, seguido por instancia de Bernardino Borrajo Tato contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, sobre incapacidade temporal, Mutua Asepeyo e a empresa Itasi, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Mutua Asepeyo contra a sentenza de data 10 de marzo de 2008 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos seguidos por instancia de Bernardino Borrajo Tato contra a Mutua Asepeyo, INSS, TXSS, Sergas, Itasi, a sala confírmaa na súa totalidade, dando a depósito e consignación, se é o caso, o destino regulamentario e condenando ademais a recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 300 € en concepto de honorarios.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Itasi, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2012