Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23098

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 41/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 41/2012 -RF- desta sección, seguidos por instancia de César Docampo Rivero contra o Fogasa, as empresas Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Dilixencia de ordenación do secretario xudicial Francisco Javier Gamero López-Peláez.

«A Coruña, 21 de maio de 2012.

Para facer constar que figura presentado o día 26 de abril de 2012 o anterior escrito que encabeza a letrada Carmen Vilas Pereira, en nome e representación de Compañía de Protección y Vigilancia, S.A., escrito ao cal acompaña xustificante do depósito de 500,33 € na conta desta sala.

Por presentarse, o 26.4.2012, neste mesmo procedemento, outra preparación de recurso de casación para unificación de doutrina, neste caso por Diserpo Servicios, S.L., omitiuse ditar na dilixencia correspondente resolución en consideración ao recurso de Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

Unha vez detectada tal omisión, acórdase que se ten por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina pola letrada Carmen Vilas Pereira, en nome e representación de Compañía de Protección y Vigilancia, S.A., e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Tense por efectuado o depósito para recorrer.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte obxecto de recurso poida oporse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Expídase este edicto ao DOG para a notificación a Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L., e ao Boletín Oficial da provincia de Toledo para a notificación a Porteros y Controladores Industriales, S.L.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtense as partes en paradoiro ignorado de que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e Navas Servicios de Porteros, S.L., en paradoiro ignorado.

A Coruña, 21 de maio 2012

O secretario xudicial