Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (103/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 103/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Díaz Barreira contra Revocos del Baos, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Que, estimando a demanda interposta por Miguel Ángel Díaz Barreira, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 21 de decembro de 2011, e condeno a empresa demandada Revocos del Baos, S.L., a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 27.304,42 euros e, en todo caso, a aboar ao traballador os salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de 42,58 euros diarios, debendo poñer en coñecemento do xulgado, no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión».

E para que sirva de notificación en forma a Revocos del Baos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 22 de maio de 2012

O secretario xudicial