Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial Área 33.

O Pleno do Concello de Silleda (Pontevedra), en sesión extraordinaria e urxente do 15 de maio de 2012, por unanimidade dos presentes, en exercicio da competencia establecida no artigo 22.2º c) e artigo 47.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, segundo o procedemento regulado nos artigos 93, 94, 84 , 86 e 89 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial Área 33 (Silleda), acordo que segundo a súa parte final resolutiva se publica para dar cumprimento ao artigo 92 da Lei 9/2002 LOUGA (e artigo 70 da Lei 7/1985 LBRL):

«(...) Polo tanto, visto o expediente tramitado e os informes técnicos do arquitecto asesor do concello Lino Doporto Framil, e xurídicos da secretaria xeral do concello, o Pleno acorda:

1º. Efectuados os trámites indicados, considéranse cumpridos os trámites sinalados no artigo 86 da Lei 9/2002 LOUGA, polo que o Pleno (artigo 22.2º c) da Lei 7/1985 RBRL) acorda a súa aprobación definitiva, segundo o artigo 86.1º f) da Lei 9/2002 LOUGA), considerando que segundo o artigo 86.1º d) da Lei 9/2002 LOUGA non é preciso o informe da consellería competente en materia de urbanismo nin, polo tanto, a aprobación provisional polo concello (por non tratarse de ningún dos supostos en que se require no artigo 86.2º d) da LOUGA : plans de sectorización e plans especiais non previstos no plan xeral), segundo esta documentación técnica elaborada por Eptisa, asinada pola arquitecta Ana Bértalo Pérez, con data de novembro de 2011:

Modificación puntual do Plan parcial Área 33: modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial Área 33. Volume 1 de 1. Novembro 2011 elaborado por Eptisa, asinado pola arquitecta Ana Bértalo Pérez (un volume, 23 follas a unha cara). Xúntase documento de inicio: modificación puntual do Plan parcial Área 33 (documento de inicio. Modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial Área 33. Municipio de Silleda), volume 1 de 1. Novembro 2011. Elaborado por Eptisa, asinado pola arquitecta Ana Bértalo Pérez (un volume, dezanove follas a unha cara); que inclúe un CD modificación puntual do Plan parcial Área 33. Documento de inicio. Novembro 2011».

2º. Levantar a suspensión da concesión de licenzas acordada pola Xunta de Goberno local en sesión do 30 de decembro de 2011 por un período de dous anos e a partir da aprobación inicial que, en calquera caso se extinguirá coa aprobación definitiva do planeamento, no ámbito afectado pola presente modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial. Área 33, suspensión a que se refire o artigo 77, 2º e 3º (parágrafo segundo) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, suspensión que se declara extinguida coa presente aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial. Área 33.

3º. Acórdase que, segundo o regulado no artigo 92 da Lei 9/2002, LOUGA, o acordo de aprobación definitiva do planeamento deberase publicar, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia.

Considerando que a competencia para a aprobación definitiva corresponde ao concello, esta será comunicada á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaeu o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar este aspecto.

No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á consellería.

A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas ao cumprimento do disposto neste artigo e ao que dispoña para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante.

Polo tanto, como consecuencia terase en conta o regulado no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local: os acordos que adopten as corporacións locais publícanse ou notifícanse na forma prevista pola lei. As ordenanzas, incluídos o articulado das normas dos plans urbanísticos, así como os acordos correspondentes a estes cuxa aprobación definitiva sexa competencia dos entes locais, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e non entrarán en vigor ata que se publique completamente o texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2º».

Con esta mesma data faise a remisión á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do acordo do Pleno do 15 de maio de 2012, de aprobación definitiva do Plan parcial do polígono industrial Área 33 e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan aprobado definitivamente, dilixenciados pola secretaria xeral do concello, segundo indica o artigo 92.3º da Lei 9/2002, LOUGA.

Silleda, 6 de xuño de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa