Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de taller de mecanizado.

Industrias Delta Vigo, S.L., e na súa representación Francisco Javier Puga González, solicitou licenza de apertura para o exercicio da actividade de ampliación de taller de mecanizado á da empresa de enxeñaría, desenvolvemento e integración de bens de equipo para industria de automoción e aeronaútica que se localizará na estrada Redondela-Peinador, 108-110-B Millarada-Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial no que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 8 de maio de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde