Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun establecemento dedicado a gardar camións (expediente AM/11/12).

Francisco Lemos Martínez, en representación de Blockgandara, S.L., solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a gardar camións, que se situará en Penedos-Ferreiros-Budiño (estrada O Porriño-Salceda de Caselas (PO-510), km 2, Vacaría, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/11/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O Porriño, 2 de maio de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde