Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22980

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

CONVENIO de colaboración, subscrito o 9 de maio de 2012 entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Ourense, para a formalización da encomenda de xestión para a explotación, mantemento e conservación das obras de mellora do saneamento de Ourense, marxe dereita.

1. Aprobación do proxecto de convenio: sesión ordinaria do Concello Pleno do 4 de maio de 2012.

2. Data da sinatura do convenio: 9 de maio de 2012.

3. Asinantes: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Concello de Ourense.

4. Estrutura do convenio: nove expoñendos, nove estipulacións e un anexo que inclúe a acta de entrega e recepción das obras de mellora do saneamento en Ourense (2ª fase).

5. Encomenda de xestión: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil encomenda a xestión da explotación, mantemento e conservación das obras de infraestrutura de saneamento definidas no anexo I ao Concello de Ourense (colectores xerais e interceptores da marxe dereita do Río Miño. Tramos: Ponte Nova-Balneario, Eirasvedras-Tarascón e Veinteún-Ponte Nova).

6. Entrada en vigor: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Plazo de vixencia: o presente convenio otórgase por tempo indefinido.

8. Causas de extinción do convenio:

– Revogación por motivos de interese xeral.

– Mutuo acordo das partes que o subscriben.

– Incumprimento de calquera das cláusulas respectivamente asumidas, previa denuncia das partes, con preaviso de seis meses.

9. Obtención de información.

Entidade: Concellaría de Urbanismo e Infraestruturas.

Enderezo: Praza do Trigo nº 2-1º.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 988 26 93 25.

Web do Concello: www.ourense.es

Outras informacións: o texto íntegro do convenio atoparase exposto no taboleiro de edictos do Concello de Ourense, así como na web do Concello, durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio.

Ourense, 29 de maio de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde