Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22977

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2012 mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Teléfono: 988 26 93 33.

5. Fax: 988 22 14 94.

6. Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2215.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da redacción do proxecto de urbanización das obras de remodelación do ramal sur da estrada N-120, rolda termal.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71242000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Equipo técnico, coherencia interna e medios materiais: 40 puntos.

– Memoria, metodoloxía e plan de realización dos traballos: 40 puntos.

– Prezo: 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 88.050,00 euros. IVE: 15.849,00 euros. Importe total: 103.899,00 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5% do prezo total do contrato, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se establece no artigo 12.4 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 12.3 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Oficial de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 10 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, número 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, númeo 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 1 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde