Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

CONVENIO de colaboración, subscrito o 9 de maio de 2012 entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e o Concello de Ourense, para a formalización da encomenda de xestión para a explotación, mantemento e conservación das obras de mellora do saneamento de Ourense, marxe esquerda.

1. Aprobación do proxecto de convenio: sesión ordinaria do Concello Pleno do 4 de maio de 2012.

2. Data da sinatura do convenio: 9 de maio de 2012.

3. Asinantes: Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Augas de Galicia e Concello de Ourense.

4. Estrutura do convenio: oito expoñendos, nove estipulacións e un anexo que inclúe a acta de entrega e recepción das obras de mellora do saneamento en Ourense (1ª fase).

5. Encomenda de xestión: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil encomenda a xestión da explotación, mantemento e conservación das obras de infraestrutura de saneamento definidas no anexo I ao Concello de Ourense (colector-interceptor xeral do Río Barbaña e colectores xerais e interceptores da marxe esquerda do río Miño).

6. Entrada en vigor: o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Prazo de vixencia: este convenio outórgase por tempo indefinido.

8. Causas de extinción do convenio:

– Revogación por motivos de interese xeral.

– Mutuo acordo das partes que o subscriben.

– Incumprimento de calquera das cláusulas respectivamente asumidas, logo de denuncia das partes, con aviso previo de seis meses.

9. Obtención de información:

Entidade: Concellaría de Urbanismo e Infraestruturas.

Enderezo: praza do Trigo nº 2-1º.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 988 26 93 25.

Web do concello: www.ourense.es

10. Outras informacións: o texto íntegro do convenio atoparase exposto no taboleiro de edictos do Concello de Ourense, así como na web do concello durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio.

Ourense, 30 de maio de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde