Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22987

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2012 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos pola fundación no primeiro cuadrimestre de 2012.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establécese que «as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior».

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

J. Higinio Antuña Álvarez
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data
de sinatura

Achega

económica da fundación

Addenda ao convenio específico do 20 de febreiro de 2009 subscrito coa Fundación Centro Tecnolóxico do Naval Galego de cesión de instalacións, para a modificación das condicións económicas.

1.3.2012

Sen aportación

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito co CIFP Rodolo Ucha Piñeiro.

28.3.2012

Sen aportación

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito co CIFP Rodolo Ucha Piñeiro.

27.3.2012

Sen aportación

Convenio específico para o desenvolvemento de formación en centros de traballo, subscrito co CIFP A Farixa.

26.3.2012

Sen aportación

Convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización de prácticas preprofesionais.

6.3.2012

Sen aportación