Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1174/2011).

María Jessús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1174/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Liñagar, S.L, Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Joaquín Sesa Rojas sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

«Decido.

Que estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesorería Xeral da Seguridade Social, Servizo Gallego de Salud, Liñagar, S.L., e José Joaquín Sesar Rojas, debo declarar e declaro, que o proceso de incapacidade temporal iniciado por José Joaquín Sesar Rojas, o 19 de abril de 2011, se deriva de enfermidade común e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a estar e pasar por tal declaración, e ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a dar cobertura a esta, coas consecuencias legais inherentes a ela, e igualmente ao reintegro das cantidades aboadas pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, consecuencia tanto da asistencia médica, cuantificada a razón de 950,67 €, como do aboamento de prestacións por incapacidade temporal.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderá anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do Réximen público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da LRJS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000 código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no Libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario José Joaquín Sesa Rojas, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de maio de 2012.

A secretaria xudicial