Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (517/2011).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 517/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Campo Fernández contra Trabajos y Servicios Trabanort, S.L. e Logística Asturgal, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Iago Campo Fernández, contra as empresas Trabajos y Servicios Trabanort, S.L. e Logística Asturgal, S.L., debo condenar e condeno a empresa Trabajos y Servicios Trabanort, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.533,94 euros, máis os xuros de mora, e absolvo a empresa Logística Asturgal, S.L. de todas as peticións formuladas na demanda. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle poida corresponder nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Trabajos y Servicios Trabanort, S.L. e Logística Asturgal, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 10 de maio de 2012

O secretario xudicial