Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22899

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (56/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 56/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 16 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 56/2010, sendo demandante Francisco José Martínez Suárez, representado polo graduado social Sr. Barral González, e demandada a empresa Ceipser, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Francisco José Martínez Suárez contra a empresa Ceipser, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Francisco José Martínez Suárez a cantidade de 5.676,48 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Ceipser, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial