Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22900

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (62/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 62/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de maio de 2012

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 62/2010, sendo demandante Dora Jesús Iglesias García, representada polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, e demandadas a empresa Ludatex Carballo, S.L., así como a administración concursal da empresa Ludatex Carballo, S.L., despois de comparecer a administradora concursal, María del Carmen García Pallas, tendo sido citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Dora Jesús Iglesias García contra a empresa Ludatex Carballo, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Dora Jesús Iglesias García a cantidade de 3.476,55 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Ludatex Carballo, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial