Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (147/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 147/12 por instancia de Iago Jesús Ramos Merino contra a empresa Juan Carlos García Sanmartín sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 18.5.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estímase a demanda formulada por Iago Jesús Ramos Merino fronte a Juan Carlos García Sanmartín e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado por Juan Carlos García Sanmartín ao demandante.

– Condénase a Juan Carlos García Sanmartín a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento da indemnización de 2.598 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa a empresa Juan Carlos García Sanmartín expido e asino a presente.

A Coruña, 24 de maio de 2012

O secretario xudicial