Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (333/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Juan Antonio García Fariña contra Raysa Construcciones e Instalaciones, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 333/2010, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, catorce de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Juan Antonio García Fariña, que comparece asistido polo letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandado Raysa Construcciones e Instalaciones, S.L., que non comparece.

Decisión que estimando a demanda formulada por Juan Antonio García Fariña contra a empresa Raysa Construcciones e Instalaciones, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 1.914,72 €, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación a Raysa Construcciones e Instalaciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

O secretario xudicial