Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (405/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Montserrat Varela Fernández contra Servicios de Publicidad APM&Asociados, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 405/2010, ditouse a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña o catorce de maio de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Montserrat Varela Fernández, en cuxo nome e representación comparece o letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandado Servicios de Publicidad APM&Asociados, S.L., que non comparece.

Que, estimando a demanda formulada por Montserrat Varela Fernández contra a empresa Servicios de Publicidade APM&Asociados, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 684,22 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación a Servicios de Publicidad APM&Asociados, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2012

O secretario xudicial