Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (737/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 737/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat Villa Villota contra White-Wise Corporation, S.L., en reclamación por ordinario, se ditou Sentenza con data do 18 de maio de 2012, cuxa resolución se xunta:

«Que estimando a demanda interposta por Montserrat Villa Villota, con DNI 51911470X, contra a empresa White-Wise Corporation, S.L., debo declarar e declaro que a relación laboral entre as partes se iniciou o 1 de novembro de 2010 e rematou o 29 de abril de 2011, e condeno a entidade demandada a se ater á anterior declaración, así como ao aboamento dos salarios debidos correspondentes ao dito período, por un total de 8.283,42 euros brutos, co xuro por mora do 10%.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531 60) na conta deste xulgado aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 1531 34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a White-Wise Corporation, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de maio de 2012

A secretaria xudicial