Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22880

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2662/2008).

Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2662/2008 MAY.

Materia: xubilación.

Recorrente: Instituto Social da Mariña.

Recorridos: José Manuel Romero Martínez, Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela. Demanda: 265/2006.

Casación en unificación: 87/2012.

Parte recorrente: José Manuel Romero Martínez.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2662/2008-RCUD 87/2012 MAY a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 265/2006 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, promovidos por José Manuel Romero Martínez contra José Manuel Romero Martínez, Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, sobre xubilación, con data 16.5.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«A sala acorda: declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina interposto polo graduado social Cándido Sanisidro López, en nome e representación de José Manuel Romero Martínez fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal, declarando a firmeza da sentenza ditada nestes autos, e a devolución ao órgano xudicial de procedencia dos autos con certificación da sentenza ditada e expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do artigo 223.3 da LRXS, no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a resolución incorrese a xuízo do recorrente, e facéndolle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta número 1552, debendo indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código «30 Social-Reposición».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Manuel Torres González, Pesquerías San Marcos, S.L., Hijos de J. Barreras, S.A., Tomás Montán Guillán, Benito Rodríguez del Río, Pesquera Vasco Gallega, S.L., comunidade de herdeiros de José Pérez Carnes, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, vinte e catro de maio de dous mil doce.

A secretaria xudicial