Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22878

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2716/2009 CRS).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2716/2009 CRS.

Materia: alta médica.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Demanda: 324/2005.

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo. Letrado: Luis Esteban Leyenda Martínez. Notificar: letrada Sra. Monteoliva Díaz.

Recorridos:

-INSS e TXSS.

-Servizo Galego de Saúde.

-Granitesa, S.A. Polígono Industrial A Cañiza (Pontevedra).

-Ricardo José Estévez Bernárdez. Letrada: María Celeste Barco Vega. Fax: 986 66 17 81.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2716/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 324/2005 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Granitesa, S.A., Ricardo José Estévez Bernárdez, sobre alta médica, con data vinte de febreiro de dous mil nove, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con desestimación do recurso interposto pola Mutua Gallega, confirmamos a sentenza que con data 20.2.2009 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde e a Ricardo José Estévez Bernárdez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro, Granitesa, S.A., que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Granitesa, S.A., con último domicilio coñecido no Polígono Industrial A Cañiza, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2012

A secretaria xudicial