Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 12 de xuño de 2012 Páx. 22876

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2719/2008).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2719/2008, seguido por instancia de Juan Pozo Sampedro contra o INSS e o TXSS e outros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza do 14 de marzo de 2008, do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada en xuízos acumulados seguidos por instancia de Juan Pozo Sampedro e por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social Gallega, en que actúan como partes, ademais destas dúas citadas, as recorrentes e a entidade mercantil Construcciones Conde Pascual, Sociedad Limitada, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Construcciones Conde Pascual, S.L., con último domicilio coñecido Finca Barandela, Taboadela (Ourense), coa advertencia de que as seguintes notificacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de maio de 2012

O secretario xudicial
Rubricado